Lourenzá acolleu os XOGADE

Este domingo o Servizo Provincial de Deportes de Lugo da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Atletismo organizaron o Campionato de Galicia XOGADE de campo a través na localidade lucense de Lourenzá

O Campionato que estivo aberto para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 contou con aqueles atletas que previamente tiveran logrado a súa clasificación nas distintas fases e campionatos provincias.

Moitos dos participantes estiveron presentes recentemente no Memorial Alejandro Lorenzo e Campionato de Galicia Sub16 que se disputaba no Circuito de Cabio (Pobra do Caramiñal) o pasado 06 de febreiro, polo que foi novamente unha excelente oportunidade de volver a contemplar as categorías base do noso deporte.

Precisamente na categoría Sub12 os triunfos corresponderon a Lara Fernández do Ría Ferrol quen lograba o título mellorando a súa segunda posición do autonómico federado. Pola súa banda Pablo Barreiro do Pinarium sumou un novo título que engade ao xa logrado en A Pobra.

Xa na categoría Sub14 a campioa galega de marcha en ruta do San Miguel de Marín Sabela Castelo,  confirmaba a súa condición de favorita gañando con solvencia a proba. Nos homes foi o lucense, e segundo no Memorial Alejandro Lorenzo, Enrique García quen domiñaba a carreira logrando a primeira posición sobre un circuito de 2.500 m.

Por último na carreira Sub16, reeditábanse as posicións de A Pobra con triunfos para Amparo Corredoira da Atlética Lucense e Alex Sierpes do Trega. Nesta última categoría invertíronse as medallas onde a prata foi parar a Teo de Frutos do LUCUS e o bonce para Asheber Díaz do AVA

Campións galegos por equipos

No tocante a clasificación por equipos estas foron as formacións vencedoras:

  • Sub12: Ría Ferrol (F) e Vila de Cangas (H)
  • Sub14: Atlética Lucense (F) e Vila de Cangas (H)
  • Sub16: C.D. La Purísima (F) e S.A.Trega (H)

 

Compartir: