Novamente a Pista Cuberta de Ourense será sede dunha nova edición correspondente ao Campionato de España Absoluto de Atletismo que xuntará ás principais figuras nacionais e internacionais do noso deporte na instalación ourensá os vindeiros días 25, 26 e 27 de febreiro.
A presentación oficial deste campionato tivo lugar esta mañá en Expourense cun acto no que tomaron parte organizadores e representantes das distintas administracións que colaboran con esta proba: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense e Concello de Ourense.
Participaron neste acto o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o presidente da Real Federación de Atletismo de España, Raúl Chapado e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos nun acto presentado polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, que exerceu de anfitrión.
Importante afluencia de público
Prevése que máis de 4.000 persoas, entre deportistas, técnicos, xuíces, axudantes, voluntarios e público en xeral, pasen durante os tres días por Expourense, que dende fai xa varias datas, traballa intensamente a nivel organizativo para garantir un perfecto campionato que convertirá a cidade das Burgas no epicentro de atención mediática e informativa nacional e internacional a fináis deste mesmo mes.
Experiencia e calidade contrastada
A experiencia acumulada na instalación atlética con apenas cinco anos desde a súa inauguración, está sumamente contrastada. Desde aquel pasado decembro de 2017 onde o Presidente da Xunta inauguraba o recinto abríndo así o século XXI ao atletismo galego, celebráronse máis dun cento de probas oficiais. Das mesmas, máis de cincuenta corresponderon a Campionatos de Galicia e un total de catro foron probas de rango nacional entre as que destacan o Campionato de España Sub20 no ano 2018, o Campionato de España Máster no 2019 e 2021 e o Campionato de España Absoluto do ano 2020 que xunto a este 2022, corresponden ao rango máis importante dos celebrados ata o momento.
En todos e cada un deles, o Comité Organizador contaría con importantes eloxios pola súa capacidade de traballo, xestión e organización que se ve reforzada este ano, ca maior capacidade de comunicación e achegamento ao resto dos puntos do Estado, grazas a esa importantísima conexión do AVE inaugurada recentemente.
O nivel de expectación é tal, que as entradas prácticamente quedaron esgotadas ás poucas horas de sair á venda o que pon de manifesto ás excelencias dunha instalación quen ven da man dunha cidade volcada e que ademáis, conta con importantes ofertas lúdicas, gastronómicas e deportivas. A todo elo súmaselle unha afección entregada e entendida co seu deporte que converten a Ourense nun punto privilexiado do atletismo nacional e mesmo importante candidata a acoller eventos de rango internacional.