Novamente Esther Pedrosa volve a facer historia ao lograr esta pasada fin de semana engadir ao seu palmarés un cuarto récord do mundo.
Foi durante a disputa da proba dos 3.000 m. correspondente ao Campionato de Galicia absoluto na que atleta santiaguesa pertencente á categoría máster 60 remataba a carreira cun rexistro de 10:56.17 que representaba un novo récord mundial en pista cuberta. Con este novo rexistro, Pedrosa recupera novamente a ¨súa¨ plusmarca mundial logo que que fora recentemente batida por segunda vez.