II. Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Pista Cuberta

Continuamos ca segunda entrega da previa ao Campionato Absoluto Xunta de Galicia de Pista cuberta que se vai levar a cabo esta fin de semana en Expourense, e na que imos facer un pequeño repaso polas as distintas probras da categoría femenina.

Para comezar están inscritas un total de 194 atletas estando confirmada a presenza do gran atractivo do campionato que sen lugar a dúbidas representa a presenza de Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural. A nosa flamante campioa parolímpica dos 100 m. e subcampioa dos 400 m. en Tokio-20,  tomará parte na defensa do seu título autonómico na proba dos 60 m. para o cal deberase medir á campioa de España Sub18 e seria aspirante ao título, Ainhoa Reparaz do Val Miñor quen loitará tanto polo triunfo dos 60 m. como dos 200 m.

Interesantes catrocentos metros ca presenza da Sub20 María Fernández do Universidad de León que ven de acreditar recentemente 56.15. Especial atención nesta proba tanto a Eugenia Gil da Gimnástica como a Alicia Barreiro do Ría Ferrol

Si hai algunha proba que mereza o calificativo de emocioante, esa será sen dúbidas a proba dos 800 m. na que poderemos ver en acción á internacional Raquel Meaños do Valencia Atletismo. Xunto ela estará nada menos que a plusmarquista nacional Sub18 de 1.500 m. e 3.000 m. e auténtica sensación do panorama atlético, Xela Martínez da Atlética Lucense.

A priori a subcampiona galega absoluta de campo a través Laura Santos do Lucus Caixa Rural nun excelente estado de forma, non parece que vaia ter moitos problemas en lograr o título autonómico sobre os 3.000 m. Os 1.500 m. en cambio, estarán algo máis disputados cunha Antía Castro do Ourense Atletismo ca mellor marca das participantes a cuxo fronte estará a sempre importante atleta nigranesa Angela González do Marathon.

Outras das probas estelares será a dos 60 valos con Teresa Rodríguez do Riazor Coruña en condición de líder grazas aos 8.78 que acredita. Na línea de saída tanto a Sub23 Lucía Ferrer da Gimnástica con 8.87 como a Sub20 Lucía Sánchez da Atlética Lucense con 8.87 intentarán revertir os pronósticos. Precisamente será esta importante última atleta especialista en combinadas, quen tamén concursará na lonxitude con claras opcións de acadar a medalla de ouro

En altura disfrutaremos dunha nova e importante xeración de saltadoras que están dando un novo pulo a esta especialidade a cuxo fronte sitúanse as medallistas nacionais Sub18 Emma Sihunag Pérez da Atlética Lucense e Carlota Salgado do Celta. No medio delas estará en Expourense a internacional e bronce nacional Sub23 de combinadas Eva Queimaño do Super Amara BAT

Continuando cos saltos, a ausencia de Lola Bouza na pértega deixa aberta a disputa polo título entre a celeste Sub18 Lisa Vosberg, medallista nos nacionais do ano pasado, e Bea Viteri do Scorpio-71 quen aspira a un novo título que engadir a unha dilatada e ampla lista de triunfos autonómicos.

Outro dos pratos fortes será a proba talismán do noso deporte nos últimos anos, o concurso de triplo. Sobre o sintético estarán as dúas mellores triplistas Sub20 a nivel nacional do momento quenes estarán compitindo ao máis alto nivel:  Diaou Diallo do Ría Ferrol e Alba Cuns do Playas de Castellón.

Por último, a ausencia da plusmarquista nacional de peso e atleta olímpica Belén Toimil por lesión fai unha semana, permiten a Raquel Villa do Celta acudir en condición de favorita grazas aos seus de 12.73 m. Xunto ela, outro valor importante do sector, a campioa de España Sub18 Xiana Lago do Ría Ferrol quen acude con 12.25 m.

Foto de Fotocarlosgrafias

Compartir: