O luz do facho olímpico alumou o Xunta de Galicia de lanzamentos longos

A presencia do pentaolímpico Frank Casañas, da tetraolímpica Felicea Tilea e da olímpica en Río-2016 Yulenmis Aguilar, diron ao Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos longos desta fin de semana no CGTD de Pontevedra un enorme cartel de luxo.

Foi precisamente Casañas quen se impuxo no concurso de disco con 50.09 m. destacando no martelo os 60.80 m. do máster-40 Nacho Fernández do Playas de Jandía así como os 60.40 m. do Sub 23 Yago Araujo do Real Club Celta.

Fantástica reaparición en Galicia do atleta céltico Eric Méndez logo da súa grave lesión de tibia e peroné en maio do ano pasado. Lanzaba ata uns bos 53.28 co martelo de 7.260 kg.

Seguindo co resto de concursos, o Sub20 Pedro Fidaku do AVA mandaba a xavelina de 800 gr. ata os 58.63 m. sendo tamén destacado o resultado do Sub18 Daniel Loureiro quen facía o propio con 54.04.

No disco feminino bo concurso para María Ezquerro do Atletismo Sada rexistrando no quinto intento un lanzamento de 39.29 m. De igual modo a Sub20 Xiana Lago do Ria Ferrol lograba o campionato de Galicia da súa categoría cun mellor tiro de 35.65 m..

O concurso de martelo volvía a ter en Irene Gómez a gran protagonista. A lanzadora internacional Sub23 marchábase ata os 60.66 m. no seu segundo intento o que representa un novo récord de Galicia Sub23 e a mellor marca do ano en ranking nacional. No mesmo concurso destacados os 51.77 m. da Sub18 Blanca Pereira do Ourense Atletismo.

Por último na xavelina luxo de participación ca presencia de Yulenemis Aguilar do Valencia Atletismo quen pouco a pouco vai mellorando as súas prestacións lanzando ata pos 56.12 m. con apenas carreira así como da máster-50 Felicea Tilea quen enviaba a xavelina ata os 42.16 m.  A Sub20 do Celta Paula Piñón con 41.59 m. pechaba o máis salientable deste interesante campionato

Compartir: