Formidables rexistros no Campionato Galego de Combinadas

A pista cuberta de Expourense foi o escenario durante esta pasada fin de semana da disputa do Campionato de Galicia de probas Combinadas onde se viron rexistros moi destacados.

Para comezar o atleta internacional do Real Club Celta Adolfo Saínz-Maza, domiñador nos últimos anos desta modalidade en Galicia, lograba un importantísimo resultado logo de rematar a competición cunha puntuación total de 5.195 puntos (7.32/6.98 /12.99 /1.90/8.53/4.40/3:01.54) que o convirten no segundo home da historia do noso atletismo en superar a barreira dos 5.000 puntos. O atleta lucense lograba uns excelentes 6.98 m. na lonxitude e 8.53 nos 60 valos sobre os cales cimentou este importante rexistro. A medalla de prata foi para Adrián Carrera do A.Narón con 2.699 puntos

Pola súa banda unha das promesas do noso atletismo Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense, daba comezo o ano batindo o récord galego Sub20 cunha puntuación de 3.629 puntos que de igual modo representa a terceira mellor marca absoluta da historia, adelantando a Eva Queimaño do Super Amara Bat, que estivo moi preto da súa marca personal con 3.467 puntos (MMP 3.506). Completaba o podio feminino a celeste Alicia Merino Pérez quen con 3.451 puntos pulverizaba a súa anterior marca situándoa na sexta praza do ranking histórico.

Moi salientable resultou tamén o concurso de Carlota Salgado do A.F.Celta na categoría Sub18 que remataba o campionato con 3.413 puntos que a colocan de segunda no ránking nacional da tempada abríndolle as portas a unha posible convocatoria internacional.

No resto de categorías as gañadoras/es foron:

  • Heptathlón Sub18. Matías Moldes da Gimnástica con 4.095 puntos e Carlota Salgado do A.F. Celta con 3.413 puntos
  • Pentathlón Sub16: Celia Fernández do Riazor Coruña con 2.097 p. e Nicolás Quiñones da Gimnástica con 2.097 p.

Foto. Juan Ramilo

Compartir: