Boa actuación para a marcha galega no nacional en ruta

Este domingo a Selección Galega Sub16 e Sub20 de Marcha en Ruta acudían a Lepe a tomar parte no Campionato de España da modalidade.

No mesmo o máis salientable foi o terceiro posto logrado pola Selección femenina Sub20 na que unhas magníficas Aldara Meilán e Oleksandra Kostenko lograban entrar en postos de finalistas e quenes xunto ás boas actuacións de Natalia Rivas, Salomé Segade e Rita Vázquez lograban subir ao podio por detrás de Madrid e Cataluña. Na categoría masculina Sub20 oitava posición para o combinado autonómico sendo o mellor marchador Pablo Sánchez quen cruzaba a línea de meta no posto dazasete.

No que atinxe aos Sub16 resultou tamén moi destacado o quinto lugar do marchador Andrés Gónzalez quen contribuía xunto ao resto de integrantes a lograr na xeral unha moi boa quinta praza. Nas mulleres noveno lugar na xeral con Noa  Abelleira coma mellor galega no posto vixésimo quinto.

Excelentes rexistros no Campionato de España individual

A maiores da disputa do campionato de España por Seleccións, o circuito onubense serviu para o desenvolvemento do nacional individual que arroxaría excelentes resultados para o noso atletismo

Na categoría máster, nova medalla de ouro do marchador M40 Juan Manuel Morales do Marineda quen conta as súas actuacións a ritmo de títulos e récords. Desta ocasión lograba a medalla de ouro nacional sobre os 35 km. cun rexistro de 2h.59:29 o que representan un novo récord galego da súa categoría

Pola súa banda Aldara Meilán da At. Lucense na categoría Sub18, lograba facerse ca medalla de bronce cun excelente resultado de 49:28 que supoñen mínima para tomar parte na Copa do Mundo e que confirman a esta marchadora como unha das xa grandes realidades da marcha galega.

Sen abandonar a categoría femenina novamente gran actuación de Carmen Escariz do Ourense Atletismo, quen co seu cuarto posto na categoría absoluta volve á elite internacional logo de rematar sobre os 35 km. cun rexistro de 3h.00:48 que supoñen a mínima para tomar parte na Copa do Mundo de Marcha.

Dani Chamosa da Gimnástica non viu recompensado tanto esforzo realizado, xa que marchando a falta de poucos quilómetros en postos de medalla, tería que ceder prácticamente na línea de meta ata a sexta posición con 2h.33:37. Malia elo volve con moita forza o extraordinario marchador quen xa aspira novamente a internacionalidade.

Compartir: