Resultados

Novo día de loito no atletismo galego

Novamente unha tráxica nova golpea ao noso deporte.

A xuiza de Ourense Nivel II Mª Rosario Moyano Ledesma, a quen todos chamabamos cariñosamente ¨Charo¨deixábanos no día de onte.

Durante moitos foi a cara máis visible do atletismo ourensá no que ocuparía durante o periodo de 1995 ata o 2006 os cargos de Secretaria da Delegación e a de de Delegada do CGX entre outros.

Asidua a todas cantas competicións se celebraban, sempre será lembrada pola seu eterno sorriso e polo seu afable carácter que facían dela unha persoa moi querida entre todos os estamentos.

Retirada desde facía anos das pistas, chegou a participar entre outras competicións na do Campionato do Mundo de Sevilla 1999 e na da Copa do Mundo de Marcha de A Coruña 2006.

DEP

 

Compartir: