Resultados

Loito nos xuíces galegos

Hoxe faleceu a nosa compañeira Mª Rosario Moyano Ledesma, Xuíza Nivel 2 da delegación de Ourense.

Delegada en Ourense do Comité Galego de Xuíces dende o ano 1995 ata 2006, sendo tamén membro da Xunta Directiva do CGX e Secretaria da Delegación de Ourense.
Participou entre outras competicións no Campionato do Mundo de Sevilla 1999 e na Copa do Mundo de Marcha de A Coruña 2006.

Dende o Comité Galego de Xuíces transmitimos o máis sinceiro pésame de todos os xuíces galegos a súa familia e amigos, e desexarlle o mellor nestes duros momentos.

Compartir: