Resultados

Deixounos Fernando Tallón

Un dos referentes da xavelina española de todos os tempos, Fernando Tallón, deixábanos no día de onte aos 75 anos

Producto desa excelente factoría de auténticas figuras lucenses que durante a segunda metade do século pasado se encargaba de formar Gregorio Pérez Rivera, Tallón convertiríase nun dos precursores de toda esa importantísima xeración de xavelinistas galegas e galegos que no futuro daría a nosa Comunidade.

Formidable currículo

Desde finais dos años sesenta e ata boa parte dos anos setenta, dominaría a xavelina a nivel nacional na que lograba deixar o récord de España nuns extraordinarios 81,80 m. Ademáis durante a súa carreira deportiva lograba seis títulos nacionais e un total de 25 convocatorias ca selección Española. A nivel internacional salienta a medalla de bronce lograda nos Xogos do Mediterráneo de Túnez-67 outorgándoselle en 1970 a través da Delegación Nacional de Educación Física e Deportes, a Copa Barón de Güell na que se premiaba a ¨ejemplaridad del mejor deportista español del año¨

Emilio Navaza nun dos seus maxistrais artigos, retrataba a figura de tan insigne lanzador galego en Vida Atlética Galicia

Compartir: