Récord mundial para o combinado galego máster de 4×800

Esta fin de semana as probas de control federadas que se disputaron na pista cuberta de Expourense, xunto ao Campionato de Galicia máster individual e de probas combinadas,lanzaban a consecución dun fantástico récord mundial na proba dos 4×800 m.

O combinado galego masculino da categoría máster 65 formado polos atletas Pablo Fervenza do Samertolameu, Domingo Álvarez do Burgas Ourense, Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol e Xose Luís Otero Cepeda do Atletismo Santiago, lograban parar o reloxo nun rexistro de 10:41.58 pulverizando a anterior plusmarca mundial lograda a finais do ano pasado en Madrid con 10:58.10 en máis de dazasete segundos.

Con esta plusmarca mundial, o noso atletismo máster continúa o camiño de récords mundiais logrados no recinto cuberto ourensá que está rentabilizando dunha maneira formidable a súa construción. Lembramos que nela xa se bateran para o noso atletismo, o récord europeo M75 de Pepín Rioseco nos 800 no ano 2018 así como o récord mundial de Esther Pedrosa sobre a mesma distancia no ano 2021.

De igual modo esta plusmarca representa unha merecida recompensa para a excelente traxectoria deste cuarteto de atletas na que salientamos o amplo curriculo de medallas nacionais de Xosé Luis Otero así como a excelente tempada 2021 de Domingo Álvarez quen batía precisamente o récord de España sobre esta mesma distancia con 2:19.30 e que se suma a enorme versatilidade tento de Nemesio Gutiérrez como de Pablo Fervenza.

Resultados

Compartir: