Calidade e disfrute no Xunta de Galicia Máster

Importante cita a vivida durante esta fin de semana na pista cuberta de Expourense quen acollía ao Campionato Xunta de Galicia Máster individual e de Probas Combinadas que xuntaba a un amplo número de atletas.

O máis salientable do campionato foi o récord do mundo dun combinado galego masculino da categoría máster 65 formado polos atletas Pablo Fervenza do Samertolameu, Domingo Álvarez do Burgas Ourense, Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol e Xosé Luís Otero Cepeda do Atletismo Santiago, quenes lograban parar o reloxo na proba dos 4×800 m. nun rexistro de 10:41.58 pulverizando a anterior plusmarca mundial lograda a finais do ano pasado en Madrid con 10:58.10 en máis de dazasete segundos.

Xunto a actuación deste cuarteto, tamén resultou salientable o récord de España efectuado por Lucía Ferreiro da Gimnástica de Pontevedra  quen na proba de pértega M40 melloraba a anterior plusmarca nacional que ela mesma tiña nun centímetro para deixala en 3.06.

En canto ás plusmarcas galegas batidas cabe salientar na categoría femenina F65 a Begoña de Arriba do Egovarros na proba dos 3.000 m. e Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural quen facía o propio no concurso de altura na categoría F55. Continuando cos récords, notables foron tamén tanto as plusmarcas na F50 de Nuria Jones do Club La Purisima en triplo,como a da atleta olimpica rumana afincada en Galicia desde fai varios lustros Felicea Tilea en peso

En homes, novamente subliñamos a actuación da parella atlética do ADAS Proinor formada por Manuel Garcia Alfonso e por José Manuel Almudí. Os máis veteranos deste campionato (compiten na M80) lograban as plusmarcas dos 60 m. 200 m. e concurso de peso.

Xulio Ventín da Gimnástica, melloraba igualmente o tope galego na categoría M60 no concurso de pértega, sendo o lanzamento de peso quen tivo na figura de Julio Fernández do Ourense Atletismo ao seu plusmarquista autonómico na M75 .

Pola súa banda Domingo Álvarez do Burgas Ourense lograba sobre os 400 m. M65 mellorar o seu propio record galego en preto de medio segundo. Por último, nos relevos tamén houbo que festexar os bos rexistros levados a cabo polos equipos do Samertolameu quenes como colofón do campionato acadaban as plusmarcas galegas na F50 feminina e o conxunto do Burgas Ourense quen facía o propio co relevo mixto máster 55

No tocante ao Campionato galego de combinadas máster, cabe citar as boas actuacións a nivel xeral producíndose excelentes rexistros como os protagonizadas por José Domínguez Caballero na M45 e José Bello da M50 ambos de A Silva, así como a de a de Victor Méndez na M40 do Rías Baixas, quenes lograban establecer sendas plusmarcas galegas.

 

Compartir: