A Pobra do Caramiñal será escenario no 16 de xaneiro do XXXIII Campionato Xunta de Galicia Absoluto Masculino e Feminino de Marcha en Ruta, organizado pola Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal e a colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Na presentación do día de hoxe, estiveron presentes a concelleira dos Deportes Genoveva Hermo; o responsable do sector de marcha da Federación Galega de Atletismo Carlos Morales así como a do Presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure.
No acto, houbo palabras de agradecemento para as tres partes implicadas por facer posible que o municipio acolla por quinto ano esta competición. A edil manifestou que “esperamos que sexa da mesma calidade como vén sucedendo nas edicións pasadas, que espertou un gran interese.” Neste senso, Carlos Morales puxo en valor o nivel de participación e destacou algúns dos/as atletas que poden acadar o podio. E, pola súa parte, José Moure apuntou que “este quinto campionato que celebramos xa na Pobra dá a recoñecer que tivemos un acerto no seu día de homologar o circuíto.”
O circuíto habilitarase no tramo de fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán, onde se establece o lugar de saída e meta, e o peirao comercial. A cita arrancará a partir das 10.00 horas e contará coa participación de aproximadamente 140 atletas entre as que destaca a participación entre outras de Carmen Escariz do Ourense Atletismo e Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra así como a dos marchadores Daniel Chamosa da Gimnástica e Juan Manuel Morales do Marineda