O Concello de Barreiros aposta nesta nova andaina das Escolas Deportivas Municipais pola práctica do Atletismo onde tivo unha primeira participación no Xogade celebrado nos Castros en Cangas de Foz.
O municipio de Barreiros, con 72,16 km2 de extensión, atópase situado na franxa norte da provincia de Lugo denominada A Mariña Lucense Consta de oito parroquias e un número total de habitantes de 2.948 segundo datos estatísticos do ano 2017
Con esta aposta, a área de Deportes do Concello de Barreiros dirixida polo Concelleiro, Daniel García e o Técnico Deportivo, Pablo Castro, abre ás portas a diversas modalidades deportivas, entre elas a do atletismo, nunha comarca que sigue medrando dun xeito progresivo e na que a Federación Galega de Atletismo continúa ca súa polittica de presenza e compromiso de colaboración nun medio tan importante na nosa sociedade como é o rural.