A Liga ABANCA e as combinadas encheron de atletismo Expourense

Excelente xornada a vivida esta fin de semana na pista cuberta de Expourense durante a transcurso da Fase inal da Liga Abanca

Como era previsto un fantástico ambente de competición e entusiamo foi o que se viviría esta fin de semana durante a disputa da IX Fase final da Liga ABANCA que xuntou na pista cuberta de Expourense a un total de 73 equipos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Ao longo das distintas probas e concursos, o futuro do atletismo galego deu mostras dunha gran calidade que trouxo consigo a consecución de excelentes rexistros no individual.

Entre os mesmos cabe citar as mellores marcas galegas na categoría Sub10 de Alvaro Catarino do ADAS Proinor en altura así como de Lena Curras nos 500 m. e Enma Collazo nos 1.000 m.do Vila de Cangas; na Sub12 de Lidia Balseiro do Lourenzá nos 1.000 m., Martín Otero do Pinarium nos 500 m., Alma Bello de A Silva nos 60 m. e Xaquim Casal do Marineda en altura e npor último na Sub14 as de  Alex Sierpes do Trega sobre os 2.000 m., Javier Picos do Marineda nos 500 m., Pablo Neira do ADAS Proinor en altura,  Nuno Castro do Millaraio en lonxitude, Tomás Adega da Gimnástica nos 60 valos e os relevos de 4×100 do ADAS Proinor e Riazor Coruña 

Por equipos, salientable o Club Atletismo Sada quen presentaba equipos en todas e cada unha das categorías impuxéndose cas súas dúas formacións Sub10 e Sub12 femininas. O Vila de Cangas consumaba un novo primer posto no historial desta Liga Abanca sumando un total de dez títulos, e sendo desta vez na Sub10 masculina. O resto de categorías foron gañadas polo Marineda Atletismo na Sub12 masculina, o Atletismo Narón na Sub14 masculina e polo Ourense Atletismo na Sub14 feminina.

Campionato de Galicia de Combinadas

Tamén durante toda a fin de semana poidemos disfrutar do Campionato de Galicia de probas combinadas por clubs no que poidemos ver un interesante man a man entre as nosas máis importantes especialistas do momento, a lucense Lucía Sánchez del Valle e a viguesa Eva Queimaño, con triunfo final para a primeira cun total de  3.455 puntos. Por clubs titulo autonómico para a Escola Atlética Lucense cuxo equipo estaría formado pola propia Lucía Sánchez así como por Emma Sihuang e por Natalia Alvarez. Xunto elas compartiron podio as formacións do ADAS Proinor e da Sociedad Gimnástica

Na categoría masculina o máis salientable a nivel individual foron os récords galegos de Juan Bello de A Silva quen na M50 de heptathlon  lograba un total de 4.553 puntos, . Por clubs masculinos, o Atletismo Narón sería o gañador desta edición na que compartiría podio xunto ao Millaraio e o Club Atletismo Sada.

Compartir: