Resultados

Unha noite de século e estrelas

O auditorio de Lalín deu acollida no día de onte á gran festa que supuxo a celebración da Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo.

O acto estivo marcado polas contínuas referencias a un século de historia desde a constitución da Federación Galega de Atletismo naquel lonxano 27 de marzo de 1921 na cidade de Vigo.

Pasado, presente e futuro quixeron ir da man nas distintas intervencións na que se destacaría a importante labor levada a cabo por todas e cada unha das pioneiras e pioneiros cuxo esforzo, traballo e adicación contribuiría a que hoxe en día o atletismo galego sexa un referente na nosa sociedade. Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega, abriría o acto facendo un repaso a todo este século de historia no que tivo un especial simbolismo a mención adicada ao anterior presidente Sergio Vázquez quen en boca dos distintos comparecentes, marcaría un antes e un despóis do atletismo galego. Tampouco faltaron as referencias ao atletismo femenino encarnada na presenza de María Gonzalez Kaimalis como auténtica xuiz pioneira, nin a todos e cada dos impulsores do atletismo galego. De igual modo os distintos colectivos foron lembrados e homenaxeados nun acto que contaría entre outras, cas asistencia máis destacada de José Ramón Lete Secretario Xeral para o deporte, Conrado Durántez, Presidente da Academia Olímpica e Ramón Rodríguez, Conselleiro de Educación Cultura e Universidades así como a do alcalde anfitrión de Lalín José Crespo.

Ao longo das preto de dúas horas Terio Carrera iría conducindo unha gran gala por cuxo escenario irían pasando todos e cada un dos premiados e premiadas na que xuices, clubs e adestradores do noso deporte foron recoñecidos como ¨os eslabóns primordiais deste século de historia¨. As instituacións públicas, así como os distintos medios de Comunicación serían quen dun importante recoñecemento como elemento difusor do atletismo galego na nosa sociedade. El Progreso de Lugo, La Región de Ourense, La Voz de Galicia, O Sil, Radio e TVG, Cadena Ser Ourense, e a mención especial no emprego da nosa lingua e a súa aposta polo deporte femenino de As Nosas, formaron os medios distinguidos.

Como remate final, a premiación máis especial foi a que se lle darían aos atletas quenes desfilaron, entre unha gran ovación, a recibir os seus recoñecementos e onde poidemos distinguir entre outros e outras aos olímpicos e olímpicas Carlos Pérez, Ramón Magariños, Isidoro Hornillos, Julián Sotelo, Julia Vaquero, María Abel, Elisardo de la Torre, José Carlos Adán, Andrés Díaz, Frank Casañas, e os actuáis Adrián Ben e Belén Toimil, quen chegaría a altas horas da madrugada a súa residencia do CARD de León por estar na Gala, que completaron unha noite máxica de reecontros e celebracións.

Retransmisión da Gala

Compartir: