Esta fin de semana o atletismo galego volvía estar representado nunha máxima competición de campo a través.
Concretamente a selección femenina absoluta, xunto ao resto de categorías, tomaba parte no Campionato de Europa de Campo a Través que se desenvolvía na illa de Irlanda e onde Carmela Cardama, nun estado de forma sensacional, tomaba parte.
A participación da galega non poido ser mellor, logrando a oitava posición e confirmando o seu excelente estado de forma polo que atravesa e que a levaría fai uns meses, a facer historia e a proclamarse campioa universitaria de atletismo nos 10.000 m. pola Univeridade de Oregón na que traballa e estuda desde fai uns anos.
Por equipos, a Selección Española absoluta ocuparía a quinta posición mellorando o oitavo posto logrado fai dous anos en Lisboa e onde xunto a viguesa entraban en postos de meta as españolas, 18º Carolina Robles; 33ª Blanca Fernández; 34ª Laura Luengo e 56ª Lidia Campo.
Julia Vaquero referente Galego
No tocante a presenza de atletas galegas nos campionatos de Europa de campo a través, o referente máis importante é da lexendaria Julia Vaquero, quen conseguía nas edicións dos anos 1994 en Alnwick e 1997 en Oeiras nada menos que os subcampionatos de Europa.
Foto Twitter da RFEA