Resultados

Dublín e Getafe centran as miradas esta fin de semana

Dous focos importantes centrarán esta fin de semana o punto de atención do noso deporte.

Por bunha banda en Getafe desenvolverase o Campionato de España de Promoción de marcha en inverno á que acuden un total de once dos nosos marchadores.

Entre os mesmos destaca a presenza e participación do subcampión galego absoluto Ismael Díaz do Club Atletismo Sada quen tomará parte sobre a proba dos 5 km. Sub18

Xunto ao sadense temán compre salientar a presenza dos campións de Galicia Sub16  Pablo Sánchez Rivas e de Olekssandra Kostenko ambos da Atlética Lucense así como a de Alba Pérez do Atletismo Negereira e de Roi Surribas da Gimnástica de Pontevedra na Sub20.

Por último sobre a saída dos 5 km. Sub18 estará a vixente campioa galega Salomé Segade do Millaraio

Os master tamén actúan

Paralelamente disputarase o Campionato de España de 10 km. ruta máster onde novamente a marcha galega estará representada de maneira destacada. Ao fronte do grupo de galegos estará o internacional e medallista mundial Juan Manuel Morales do Marineda xunto á tamén destacada marchadora do Trega Emilia Rodríguez .

O resto de expedición  estará composto polas marchadoras do Ourense Atletismo María Soledad Pousa (bronce no último nacional de pista cuberta en Ourense) María Dolores Delgado e María Herminia Grande sendo o tamén o campión de España de Pista cuberta no último nacional Manuel Polo do Atletismo Narón quen peche e relación de galegos participantes.,

Carmela Cardama ca selección nacional de Campo a Través

Outra das protagonistas desta fin de semana será sen dúbida a presenza de Carmela Cardama no Campionato de Europa de campo a través que se vai desenvolver en Irlanda.

A galega que xa sabe o que tomar parte nun europeo nesta modalidade na categoría Sub23, debuta nesta edición ca selección absoluta logo de facer unha extraordinaria tempada en terras norteamericanas onde se atopa compaxinando traballo e estudos.

Xunto a Cardama estarán formando parte da selección Lidia Campoi, Blanca Fernández, Laura Luengo, Carolina Robles e Irene Sánchez.

Compartir: