Resultados

O atletismo máster galego domiña Europa

Si existe unha categoría que nos últimos anos esté logrando unha serie de resultados expectaculares a nivel internacional, esa é sen dúbidas a categoría máster.

Se miramos a táboa de rexistros internacionais son numerosos os atletas cuxos nomes figuran na mesma ben a nivel europeo, ben a nivel mundial nas súas distintas modalidades de aire libre, pista cuberta ou ruta. Durante anos os nomes de Chus Sanguos, Julian Bernal, Luis Nogueira, Felicia Tilea, e máis recentemente Pepín Rioseco e Esther Pedrosa pasaron a engrosar esa táboa de récords ao alcance só duns pocos previlexiados.

Son precisamente Pepín Rioseco e Esther Pedrosa quenes veñen protagonizando nos últimos tempos importantes resultados a nivel internacional tanto no número de títulos acadados, como en canto a récords batidos e que entre otras cousas,  determinaron que foran premiados como mellores atletas máster tanto por parte da Federación Galega de Atletismo como por parte da Rea Federación Española nas súas distintas galas.

No día de onte, sumábase a este recoñocemento únanime o máximo organismo europeo atlético quen a través da EMA (European Masters Athletics) daba a coñecer o nome dos mellores atletas másters de Europa en cada unha das súas distintas modalidades. Entre os galardoados e galardoadas figuraban o nome de Pepín Rioseco quen lograba o galardón ao Mellor Atleta Máster de Fondo e o principal e máis importante, o título e recoñocemento ao ¨Mellor atleta Máster Europeo 2021¨ que premia ao mellor atleta no seu conxunto. Por parte feminina, Esther Pedrosa lograba de igual modo o galardón á ¨Mellor atleta Máster de Fondo 2021¨ poñendo así un sensacional broche de ouro a unha tempada sensacional en canto a éxitos deportivos.

É a vez primeira que o atletismo galego máster logra uns recoñecementos deste tipo a nivel europeo, o que pon de manifesto o excelente nivel dun importante colectivo que cada vez en maior número e en maior calidade, participan nas distintas probas e campionatos de rango federado.

Curriculums de impresión

Os logros deportivos destes dous referentes mundiais do atletismo galego son incontables. O balance de récords internacionais entre ambos é deslumbrante figurando un total de dez récords mundiais e un europeo para Rioseco logrados desde o ano 2016. Por parte da atleta compostelá o número total de récords do mundo batidos é de tres ata o momento efectuados de maneira recente en apenas un espazo de corenta días.

 

Na foto o Alcalde de Compostela Xosé Sánchez Bugallo co Presidente da FGA Isidoro Hornillos xunto a Pedrosa e Rioseco durante unha recepción do Concello de Compostela. Foto de Compostela24horas

Compartir: