Nova cita para a Selección Galega esta fin de semana

sta fin de semana a Selección Galega tomará parte nunha nova cita competitiva. Trátase do Campionato de España do Consello Superior de Deportes para as categorías Sub16 e Sub18 e que xuntará no Centro Ecuestre El Asturcón en Oviedo a dazoito Seleccións e preto de catrocentos atletas en representación de practicamente todo o Estado.

A nosa selección acude con catro equipos nas categorías Sub16 e Sub18 aspirando a mellorar o resultado da última edición disputada no ano 2019 na que quedarían ás portas do podio.

Pare elo Galicia acude con equipos moi fortes a cuxa cabeza se atopan Xela Martínez na categoría Sub16 quen recentemente lograba tanto o triunfo individual como por equipos no campionato de España de clubs. Pedro Vázquez na categoría Sub18 tamén é outro dos homes importantes na selección e que ao igual que a lucense, conseguía o triunfo no nacional de Clubs de Santiponce. Salientar ademáis que este mesmo atleta logrou a segunda posición fai dous anos sendo Sub16 na edición celebrada en Sevilla.

Sobre a línea de saída tamén estará Antón Martínez que lograba na última edición do ano 2019 un meritorio 5º lugar na carreira Sub16. Outro dos convocados que repiten é Iván Rego e quen xunto as campioas galegas de campo a través deste ano Carolina Santos na Sub18 e Ricardo Negrete na Sub16 así como ao resto de integrantes da selección, farannos estar moi pendentes das súas evolucións que poderemos seguir en conexión directa a partires das 10.30 horas do domingo.

 

Compartir: