Todo a punto en Ourense para recibir ao mellor atletismo máster

En pouco menos de 24 horas, a pista Cuberta de Ourense será novamente escenario como xa fixera na edición do ano 2019, da disputa do Campionato de España de Pista cuberta onde se darán cita máis de 1.000 atletas e seguidores por xornada achegados de todas as Comunidades do Estado. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla non estarán representadas nesta importante cita

Por número de participantes, Galicia será a Comunidade que máis atletas presente cun total de 219 seguida de Madrid con 181 e de Catalunya cun total de 120.

Presenza moi destacada das atletas galegas e galegos

Desde a inauguración do sintético cuberto, un total de sesenta e nove probas teñénse disputado nel poñendo de manifesto en todas e cada unha delas a excelente calidade do material cuxos resultados a nivel de rexistros e marcas é notorio. Por elo, Ourense estase a convertir nunha cita competitiva moi solicitada de todos aqueles atletas que veñen na procura dun bo rexistro ou da consecución dalgunha mínima.

Durante esta fin de semana, poderemos presenciar un atletismo de calidade e cantidade que virá da man dun importante elenco de atletas de rango internacional quenes de seguro deixarán máis dun rexistro salientable nos tres días de campionato.

No que respecta aos galegos e galegas, ante a ausencia por mor dunha pequena lesión de Pepín Rioseco quen conta nada menos que con once récords internacionais, o papel de ¨abanderada¨ recaerá sobre a plusmarquista mundial nas probas dos 3.000 m. e dos 800 m. Esther Pedrosa. O sensacional estado de forma da santiaguesa fai pensar que algún importante rexistro podería producirse tendo a oportunidade de logralo, ademáis de sobre as probas xa citadas, sobre os 1.500 m.

A maiores tamén poderemos seguir as actuacións do campión máster mundial Juan Manuel Morales do Marineda  sobre os 3.000 marcha; a do subcampión mundial de media marathon Rubén Diz do Ourense Atletismo nos 1.500 e 3.000 m. ou a da Subcampioa mundial María de los Angeles Rodríguez da Atlética A Silva quen estará concursando en peso, 800 m. e 1.500 m.

Continuando na categoría femenina, a atleta Emilia Mesa do Ourense Atletismo será outra das participantes importantes nesta edición. A máster ourensá, plusmarquista nacional en pista cuberta das modalidades de peso F60 e F65 estará toma ndo parte sobre este mesmo concurso.

Sen abandoar o círculo de lanzamento de peso, outra non menos importante presenza será a da xavelinista F55 e tetra olímpica rumana, afincada dende fai varios lustros en Galicia, Felicia Tilea, quen aportará calidade e talento a este evento.

De igual modo sobre o recinto de Expourense teremos a varios galegos e galegas intentando reeditar o título de campións de España logrado o ano pasado na pista cuberta de Antequera. Entre eles os atletas do Celta Miguel Gómez sobre os 60 m. e nos 400 m., Fernando Paredes no concurso de peso e Cristina Estévez na lonxitude e no pentathlon; Carlos Ferrer do Atletismo Narón defenderá os seus títulos de pentathlon e valos así como Luz María Domínguez do Burgas Ourense farao sobre os 200 m, 400 m. e 800 m.

O mellor atletismo mundial en Ourense

No resto de atletas doutras comunidades, destacan as presencias xa confirmadas dalgunhas das grandes atletas do momento como Rosa Escribano do Playas de Castellón quen acredita máis de once récords europeos e mundiais na modalidade de combinadas, e quen estará tomando parte nas probas de 200 m. 60 valos e altura.

Outro dos destacados nesta cita nacional cuberta será o atleta madrileño M85 Manuel Alonso Domingo quen posúe nada menos que máis de 14 récords internacionais e a quen o poderemos ver desenvolvendo as probas tanto dos 800 m. como a dos 1.500 m.

A valenciana Eva Gadea buscará na categoría W50 unha mellora do seu récord mundial en triplo, ao igual que sobre a proba de marcha fará o propio o madrileño Juan Antonio Cuadrillero

Outros datos de interese

A participación das mulleres cada vez é mais numerosa, representando nesta edición un 36% do total de atletas sendo esta a cifra máis altas da historia.
En canto a clubs, un total de 217 estarán representados e donde por número de inscritos o Club Atletismo Sada (con 29) lidera esta clasificación, seguido del Playas de Castellón (22), Atletismo Samertolameu (16), Track Cross Road Team (14), Club Atletismo Narón e Ourense Atletismo (13) e Barcelona At. (11).

A entrada será de balde ao público, atendendo á normativa actual vixente na nosa Comunidade respecto aos protocolos COVID-19, cunha capacidade total de 1200 persoas por sesión.

Os horarios de competición repártense da seguinte forma:

  • Venres 26 (de 16:30 h a 20:25 h),
  • Sábado 27 (de 9:30 h a 13:55 h e de 17:00 h a 21:18 h)
  • Domingo 28 (de 9:00 h a 14:25 h).

O campionato será retransmitido integramente por streaming a través da canle de Youtube da Federación Galega de Atletismo

Compartir: