Resultados –  Streaming XXXII Campionato de España Máster en Pista Cuberta

A Atlética Lucense campioa de España de campo a través

Novamente as nosas atletas e clubs brillaron esta fin de semana na disputa do Campionato de España de campo a través por equipos na que lograrían un triunfo por equipos e tres no individual.

O éxito máis importante foi o que lograba a formación femenina Sub16 da Escola Atlética Lucense quen se proclamaba Campión de España sobre  o circuito hispalense de Santiponce. As lucenses lidaradas por una extraordinaria Xela Martínez que lograba o triunfo da carreira, non deron opcións as súas riváis grazas ao seu excelente traballo de equipo protagonizado por Sara Guedes (15ª); Amparo Corredoira (39ª) e Claudia Sufuentes (67ª). Con este título confírmase a progresión de toda unha xovencísima xeración de talentosas atletas lucenses que darán moito que falar nun futuro non moi lonxano.

De igual modo foron moi destables os primeiros postos no individual logrados tanto polo atleta internacional estradense do Playas de Castellón Medhi el Nabaoui na categoría Sub20, como a do atleta do Real Club Celta Pedro Vázquez Bueno, quen facía o propio na categoría Sub18.

Nesta última categoría Sub18 masculina, os celestes estiveron a piques de subir ao podio do que tan só lle separaría un punto, logrando ao remate a cuarta posición e no que tamén destacaba o sexto posto de Mateo Rodríguez.

A clasificación do resto de equipos galegos quedaba da seguinte maneira:

  • Relevo Mixto: 7º Lucus Caixa Rural/16º Sociedad Gimnástica/19º At.Friol
  • Sub16 F. 1ª E.A.Lucense/ 36ª La Mochila D./43º Comesaña S.C.
  • Sub16 H. 22º A.Lucense/ 23º A.D.Fogar/29º CD La Purísima/36º AVA
  • Sub18 F. 14º Ourense At/ 16º At. Lucense/ 37º A. Beade
  • Sub18 H. 4º R.C.Celta/10º La Purísima/ 34º Atlética Lucense
  • Sub20 M. 18ª R.C.Celta/ 25º Ourense A./ 31º S.D Compostela
  • Sub23 F. 11ª C.A.Santiago
  • Sub23 M. 18ª C.A.Santiago
  • Absoluto F. 23ª ADAS Proinor
  • Absoluto H. 17º ADAS Proinor

Campionato de España de Marathon máster

De igual modo, cinco atletas acudiron ao Campionato de España de marathon máster que se desenvolvería esta fin de semana na localidade canaria de Maspalomas.

O máis destacado foi a sexta posición do atleta M50 do Fontes do SAR Ramón García cun rexistro de 3h.04:39. Non menos importantes foron os sétimos postos tanto da atleta independente Ana Belén Gómez na F45 con 3h.38:51 como a de Juán Brandón do Fontes do SAR na M55 con 3h.02:56.

O resto da actuación galega completouse co décimo posto de José Luis Rilo do Running Oleiros na M55 con 3h.28:53 e o abandono de Antonio Juanatey do Fonmtes do SAR na M50

 

Compartir: