Resultados –  Streaming XXXII Campionato de España Máster en Pista Cuberta

Segundo récord mundial para Esther Pedrosa en apenas un mes

Novamente Esther Pedrosa volve a facer historia logrando no día de hoxe o seu segundo récord mundial de pista cuberta en apenas un mes .

Si fai apenas un 32 días lograba a plusmarca mundial en Antequera sobre a proba dos 3.000 m. cun rexistro de 11:11.16, sería no día de hoxe durante o transcurso do I Encontro de atletismo máster SPORTUR GALICIA de pista cuberta máster desenvolto en Ourense, cando a atleta santiaguesa nas filas do Playas de Castellón, remataba os 800 m. en 2:35.22 o que supón un novo récord mundial que mellora os 2:36.57 da atleta norteamericana Lesley Hinz que ostentaba desde marzo do 2018.

Con esta marca Esther confirma o sensacional momento de forma polo que está a atravesar, facendo dela unha das grandes atraccións do Campionato de España de Pista cuberta que terá lugar nestas mesmas instalacións ourensáns o vindeiro fin de semana e onde a poderemos seguir sobre as probas dos 1.500 e dos 3.000 m.

 

Compartir: