Un ano máis a Xunta de Galicia convídanos a camiñar cara ao respecto, participando nesta ANDAINA SOLIDARIA.
Pódese facelo de dous xeitos:
· O 21 de novembro ás 11:00h dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro (andaina grupal programada).
· Do 21 a 28 de novembro, cando, onde e con quen queiras (andaina persoal).
¿Súmaste a este percorrido solidario?
- Cubre o formulario de inscripción, segundo a túa modalidade
- Inscrición individual, se es unha soa persoa.
- Inscrición grupal/entidades, se camiñas en grupo.
2.- Recibe no teu enderezo electrónico un DORSAL PERSONALIZADO, para levar á andaina.
3.- Saca unha foto ou vídeo co teu dorsal, compártea nas redes sociais co hashtag: #CAMIÑOAORESPECTO ou envíaa xunto cos quilómetros percorridos ao enderezo electrónico contacto@caminoaorespecto.gal ou whastapp: 669 962 249