Resultados

Importante presencia galega nos nacionais de cross por equipos e ruta máster

Continúan sucedéndose cada fin de semana para os nosos clubs e atletas unha variada axenda competitiva onde os Campionatos de España ocupan un papel relevante.

En concreto durante este sábado e domingo, desenvolveranse dúas importantes citas que terán por escenario tanto o campo a través como a ruta. O primeiro deles xuntará a un total de 24 equipos galegos que desde as categorías de Sub16 ata a Absoluta desenvolverán xunto ao resto de equipos achegados do resto do Estado o seu Campionato Nacional de campo a través por equipos. Será a localidade hispalense de Santiponce quen acolla esta edición na que por parte galega destaca a presenza na categoría Sub18 masculina da formación do Real Club Celta quen lograba o ano pasado en Soria o subcampionato nacional. De igual modo tamén salientamos á formación da Atlética Lucense cuartos clasificados nese mesmo campionato e categoría.

No terreo individual, contaremos ca presenza na línea de saída tanto de Xela Martínez da Atlética Lucense na categoría Sub16 como Medih El Nabaoui do Playas de Castellón na categoría Sub20 os cales intentarán repetir os primeiros posto acadados na edición do ano pasado.

Un interesante nacional máster de marathón

Mentras tanto, e a casi 1400 km. en pleno archipiélago canario, seis atletas da nosa comunidade viaxarán a tomar parte o sábado e domingo no Campionato de España de marathon máster logo do parón obrigado do ano pasado.

Entre os mesmos destaca a presenza do atleta do Ourense Atletismo José Benito Gómez quen fai dos anos en Logroño conseguía o campionato nacional na categoría M60 cun rexistro de 2h.59:02

Xunto ao ourensá estarán tamén a independente Belén Gómez, os atletas do Fontes do SAR Antonio Juanatey, Ramón García, e Juan Carlos Brandón así como José Luis Rilo do Running Oleiros

 

Na foto, José Benito Gómez, actual campión de España de marathón máster M60

 

Compartir: