A Fundación Deporte Galego ven de publicar o pasado martes, 9 de novembro, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2021, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2021″, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.
Esta convocatoria conta nesta ocasión con oito tipos de axudas:
Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5, Axuda DGAN 6 e Axuda D.A. (Deportista de Apoio/guía) que serán asignadas segundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2020 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que dende a Federación se poida acreditar posteriormente ás solicitudes das persoas deportistas.
Este ano, como novidade, contarase cunha oitava liña de axuda, orientada a persoas DGAN das que se acrediten desde a Federación, que non puideron participar nas competicións deportivas estatais ou internacionais oficiais, por seren canceladas éstas por mor da pandemia COVID19 ou por sufrir un contaxio por COVID19 ou corentena por contaxio de contacto próximo e ademais foran beneficiarios/as dunha Axuda DGAN resolta na convocatoria correspondente ao exercicio presupuestario 2020 (valoración de resultados de 2019).
O prazo de presentación de solicitudes comeza o mércores 10 de novembro e rematará o vindeiro martes 23 de novembro de 2021.
Formulario-certificado Federación Axudas DGAN 2021