Resultados –  Streaming XXXII Campionato de España Máster en Pista Cuberta

Mellor Xuíz e Mellor Xuíz Novel RFEA 2021

O Comité Nacional de Xuíces ven de concede dous premios a xuíces galegos.

Estefanía Acuña García foi elixida como Mellor Xuíz Novel RFEA do ano 2021. Estefanía é xuíza nivel 1 da delegación de Pontevedra, e tamén delegada de xuíces de Pontevedra e vogal da Xunta Directiva do CGX.
Manuel Garrido Toro foi elixido como Mellor Xuíz RFEA do ano 2021. Manuel é xuíz nivel 3 da delegación de Ourense, e tamén delegado de xuíces de Ourense, vogal da Xunta Directiva do CGX e membro da Comisión de Saídas do CNJ.

A entrega dos galardóns será na vindeira Gala do Atletismo RFEA a celebrar no ano 2022.

Noraboa a ambos premiados.

Compartir: