Mellor Xuíz e Mellor Xuíz Novel RFEA 2021

O Comité Nacional de Xuíces ven de concede dous premios a xuíces galegos.

Estefanía Acuña García foi elixida como Mellor Xuíz Novel RFEA do ano 2021. Estefanía é xuíza nivel 1 da delegación de Pontevedra, e tamén delegada de xuíces de Pontevedra e vogal da Xunta Directiva do CGX.
Manuel Garrido Toro foi elixido como Mellor Xuíz RFEA do ano 2021. Manuel é xuíz nivel 3 da delegación de Ourense, e tamén delegado de xuíces de Ourense, vogal da Xunta Directiva do CGX e membro da Comisión de Saídas do CNJ.

A entrega dos galardóns será na Gala do Atletismo RFEA que se celebrará o 23 de abril no Comité Olímpico Español a partir das 19:30 horas.

Noraboa a ambos premiados.

Compartir: