Novamente o Comité Nacional de Xuices ven de premiar a labor dos colectivo galego neste último ano 2021.
En concreto, son nada menos que dous os xuices da nosa comunidade que son premiados, converténdose o Comité Galego de Xuices no primeiro a quen se lle concede por partida dobre tal distinción.
Este ano as premiacións recaen en Manuel Garrido Toro que foi elexido como Mellor Xuíz RFEA do ano 2021. Manuel é xuíz nivel 3 da delegación de Ourense, onde tamén exerce o cargo de delegado do estamento. A maiores compaxina estas funcións cas de vogal da Xunta Directiva do CGX e membro da Comisión de Saídas do CNJ.
A segunda das premiadas é Estefanía Acuña García que foi elixida como Mellor Xuíz Novel RFEA do ano 2021. Estefanía é xuíza nivel 1 da delegación de Pontevedra, delegada de xuíces na citada delegación e vogal da Xunta Directiva do CGX.
Con estas dúas distincións son xa un total de nove os membros do CGX que teñen sido distinguidos polo Comité Nacional.