Resultados

Conta atrás para o Campionato de España Máster de Ourense

En apenas tres semanas Ourense volverá novamente ser escenario da disputa dun Campionato Nacional Máster de pista cuberta.

Como xa fixera o pasado mes de marzo de 2019, esta importante cita nacional terá á cidade das Burgas como punto de competición pola que se estima que preto que máis de 2000 atletas tomen parte durante os días 26, 27 e 28 de novembro.

Ademáis da importancia que este campionato ten para a imaxe proxectada polo atletismo galego e a propia cidade, non é menos certo da importancia económica que supón para a terceira cidade en densidade galega (preto de 105.700 habitantes) acoller por tres días un dos eventos con máis número de participantes directos e indirectos de todo o calendario invernal.

Deporte, lecer e turismo

Cando se fala de atletismo máster, fálase dunha modalidade moi importante do noso atletismo. A partir dos 35 anos en adiante, comeza unha categoría na que a competición é entendida coma un importante reto no persoal que é abordada desde diferentes prespectivas cun serio compromiso e entusiamo no logro de obxectivos. Todo elo en cambio non é impedimento algún para que toda esa competitividade, sexa completada cunha oferta de lecer que inclúa todos aqueles encantos dunha terra e dunha cidade que poidan servir como reclamo. Así a gastronomía, a paisaxe, a cultura, o comercio… convértense nun importante reclamo que son motivo de disfrute e consumo por parte de todos cantos acuden a participar e na que Ourense, sitúase por todo elo nunha posición privelexiada de promoción.

Experiencia, ilusión e calidade

A experiencia acumulada nas pistas ourensás con apenas catro anos anos desde a súa inauguración, está sumamente contrastada. Desde aquel pasado 16 de decembro de 2017 onde o Presidente da Xunta inauguraba a instalación abríndo así o século XXI ao atletismo galego, celebráronse un total de sesenta e oito probas oficiais. Das mesmas, trinta e catro probas foron Controis,  trinta e unha Campionatos de Galicia e un total de tres serían probas de rango nacional entre as que destacan o Campionato de España Sub20 no ano 2018, o Campionato de España Máster no 2019 e o Campionato Nacional Absoluto que sería o último e máis importante dos celebrados ata o momento. En todos e cada un deles, o Comité Organizador contaría con importantes eloxios pola súa capacidade de traballo, xestión e organización.

Novo reto

En apenas dazaoito días comezará este campionato que se achega a súa trixésima segunda edición servindo entre outros aspectos, para conmemorar o Centenario da creación da Federación Galega de Atletismo e para que o noso importantísimo atletismo máster, poida ter novamente a oportunidade de competir a un máximo nivel nun evento destas características na súa ¨propia casa¨

Compartir: