Importante actividade dos clubs galegos nos seus distintos compromisos

Dende o pasado mes de outubro véñense de disputar varios e importantes encontros nos que varios dos nosos clubs galegos estarían tomando parte de maneira moi destacada.

Comezando a mediados de outubro, un total de catro equipos galegos acudirían a tomar parte ao Campionato de España Sub14 con bos resultados no seu conxunto. Así, na categoría masculina o Marineda Atlético ocupaba a novena posición sendo décimo terceiro o Atletismo Millarraio e vixésimos os rapaces do Ourense Atletismo. En canto a clasificación femenina, idéntico  posto para o Atletismo Narón na novena posición da clasificación xeral así como un tamén meritorio décimo quinto lugar para a Atlética A Silva.

Xustamente unha semana despois, o día 23, eran os clubs de Atlética A Silva, Vila de Cangas e Agrupación Viguesa Atletismo (e atletas filiais do C.A.Pino, Ames At., Beade e At. Deza) quenes tomaban parte na final B1 do Campionato de España de Clubs Sub16. Na vila cántabra de Camargo o conxunto feminino amarelo lograba un salientable cuarto posto, seguidas polo conxunto de Cerceda e polas viguesas do AVA.

Si todo esto aconteceía nas categorías base, o equipo do Atletismo Narón era o único da nosa comunidade quen acudía a finais de outubro a Durango para disputar a segunda edición do Campionato Nacional máster mixto, onde os naroneses remataban o encontro ca sétima posión. Ocuparon zona de podios Carlos Ferrer en disco, Rebeca Soto nos 800 m., Juan Manuel Bello en pértega, Manuel Polo en Marcha, Javier Tuimil en obstáculos,  Esteban Díaz nos 3.000 m. e o equipo de relevos dos 4×100

Próximas citas

No resto do ano, continuará a disputa de novos campionatos de España por clubs con presenza de varios dos conxuntos galegos. En concreto para o vindeiro día 13 será Valencia a sede do IX Campionato Nacional máster de pista cuberta no que estará tomando parte o equipo femenino do Club Atletismo Sada. A maiores contaremos ca disputa do nacional de cross en Santiponce o vindeiro día 20 e 21 de novembro así como os Campionato de España de pista cuberta Sub16 o día 11 en Zaragoza e o Sub20 o día 18 en Antequera

Compartir: