Cinco equipos Sub14 acuden este fin de semana ao nacional por clubs

Todo preparado para que esta fin de semana tomen parte na cidade asturiana de Gijón os cinco equipos galegos clasificados para disputar  o VIII Campionato de España Sub14 por clubs.

Tanto a Atlética A Silva e Atletismo Narón na categoría feminina como o Marineda Atlético, Ourense Atletismo e A. Millaraio na masculina, formarán parte do total de cincuenta e nove clubs que durante o sábado e domingo disputarán este interesante encontro polo que pasarán preto de 1.200 atletas.

En canto as actuacións individuais destacadas dos galegos e galegas achegados, haberá que seguir con especial interese a dos atletas Alex Sierpes do Ourense Atletismo nos 1.000 m.; Antía Otero do At. Narón e Miguel Rodríguez do Marineda At. en Peso, Noa García e Alba Morales do At. Narón e Nadir Moreira e David Moreno do Millaraio nos 2.000 marcha; Ignacio Vilela do Marineda e Adán González do Ourense Atletismo nos 80 m.l ; Icía Ares de A Silva e Nuno Castro do Millaraio na xavelina así como a Paula Fernández de A Silva nos 80 m.

 

 

Compartir: