Con gran consternación e fondo sentir temos que anunciar o falecemento da atleta máster do C.A.Sada Pilar Marquiz Hernández.
Pilar nada no ano 1953, destacaría notablemente nos últimos anos a nivel autonómico e nivel nacional. Sería cas cores do clube sadense onde lograba acumular un importante número tanto de récords e títulos galegos, como de medallas en distintos Campionatos de España, sendo a súa última proba a que disputaría precisamente, no pasado Campionato de Clubs máster do mes de xullo en La Nucía.
Malia aos importantes e salientables títulos colleitados, de Pilar quédanos a súa gran determinación, constancia, exemplo e sobre todo ese fermoso sorriso co que tomaba parte en cada unha das moitas probas en que competía e que estará sempre de maneira perenne na memoria de todas e todos nós.
Boa viaxe querida compañeira!