Resultados

Todo a punto para Coruña-10

Todo preparado e practicamente ultimado para dar acollida esta fin se semana unas das probas máis importantes do calendario nacional da distancia como é A Coruña-10

Volve novamente esta edición, logo da parentese do ano pasado, con algunhas novidades importantes tanto de protocolo como de percorrido. Para comezar, as medidas de seguridade marcan esta edición na que contará cunha participación limitada aos 1400 inscritas e incritos cuxas saídas estarán escalonadas en quendas de 100 o que obrigará a realización dunha declaración responsable e un test de antíxenos como así o estabrece a normativa sanitaria.

Por outra banda esta edición traerá a estrea dun novo circuito homologado onde os terreos portuarios gañarán en protagonismo e na que a saída e meta estarán na contorna da Avenida de Montoto e do Paseo da Darsena.

Destacada presenza de atletas internacionais

Por parte do cartel de participantes, destaca a presenza  da figura de Toni Abadía quen posúe un destacado currículo. Campión de España de 5.000 m., 10.000 m. así como campión de España e plusmarquista nacional precisamente nos 10 km ruta desde que no ano 2018 establecera un destacado rexistro de 27:48. A maiores o atleta zaragozano nado no ano 1990, lograba nos Campionatos de Europa de Amsterdam no ano 2016 o seu maior éxito internacional ata o momento, logo de conseguir a medalla de bronce na proba dos 10.000 m.

Xunto a él as internacionais venezolanas Edymar Brea gañadora no 2018, e Joselym Brea gañadora no 2019, serán dúas das principais favoritas para obtar ao título deste ano na categoría feminina, e na que a maiores, o atleta internacional ourensán Alex Fernández, gañador en tres ocasións (2012,2013 e 2018) será outro dos atletas importantes que estén na línea de saída.

Premios económicos importantes

Como cada ano, establécense importantes premios económicos que van dende os 1.000 € para o gañador/a ata os 100€ para o oitavo/a clasificado/a. A maiores tamén haberá un apartado de premiacións tanto para os primeiros galegos/as como para os primeiros atletas coruñeses/as.

Normativa Coruña-10

Compartir: