Resultados

Ouro para Julia Vaquero e prata para Alex Fernández, no nacional máster dos 10 K.

Julia Vaquero proclamaríase Campioa de España dos 10 Km. na categoría F50 no Campionato de España desevolto esta fin de semana na localidade extremeña de Don Benito. A atleta olímpica lograba un rexistro de 41:20 que lle daban un triunfo que engade ao subcampionato de España de media marathón de fai apenas unha semana.

O atleta internacional Alex Fernández pola súa banda subiría ata o segundo posto na categoría M35 logo de invertir un crono de 30:13.

Outro dos postos notorios foi acadado polo atleta do Ourense Atletismo José Benito Gómez quen lograba un sexto lugar na categoría Máster 60 con 39:51

Por equipos o ADAS Proinor lograba o quinto posto na categoría M35 e o oitavo na categoría absoluta.

Compartir: