Practicamente co mes de outubro a volta da esquiña, comeza con intensidade a programación de probas atléticas para o resto de ano e en especial para o ano 2022.
Fai uns días a RFEA avanzaba de maneira provisional o seu calendario nacional, na que a maioria das probas están calendadas pero ainda sin ubicación. Malia elo, aparecen dúas citas importantes como son este mesmo ano o Campionato de España máster de pista cuberta que será a finais do mes de novembro en Ourense, e xa para o 2022, o gran clásico da marcha mundial para o día 28 de maio (faltaría por confirmar data) que representa o G.P. de Marcha Atlética Cantones da Coruña- Trofeo Sergio Vázquez.
A maiores a flexibilización en canto ás restricións das medidas sanitarias fan que de maneira parella se vaian programando importantes citas tanto en ruta, pista, campo a través, trail e montaña. Por citar algúns, o máis preto será o Campionato de Galicia Absoluto de 5 Km. Ruta que se levará a cabo o día 26 de setembro no Concello de Ames. Esta cita marcará o comezo da tempada de campionatos galegos en cuxos datas está a traballar intensamente a Dirección Técnica da FGA.
Incremento de probas
A maiores os concellos de Silleda, Ourense, Ames, Brión, A Coruña, Tordoia, Dodro, Corgo, Pontevedra, Santiago, A Rúa e O Barco en Ruta; Pontevedra e Vigo en pista; A Pobra en Montaña así como os concellos de Miño e A Lama en Trail, son por ahora quenes xa teñen incluidas as súas distintas probas nun calendario que día a día, vai incluido máis carreiras nunha fulgurante reactivación do atletismo galego.