A Tenente de Alcalde de Mondoñedo, Elena Candia e o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez reuníronse no día de onte para iniciar o proceso de creación dun Centro de Trail Running de referencia a nivel autonómico en Mondoñedo.
O Concello de Mondoñedo a través da súa Área de Deportes ten desenvolto un plantexamento sobre diferentes posibilidades con tres modelos de rutas:
- Dificultade baixa, entre 5 e 10 km.
- Dificultade media, entre os 10 e os 15 km.
- Dificultade alta, entre os 20 e os 25 km.
Logo destas primeiros avances, en vindeiras datas establecerase unha xuntanza técnica entre os representantes do Concello de Mondoñedo, o Técnico da Área de Deportes, Raúl Redondo González Ares e a Federación Galega de Atletismo.
Por outra banda, Candia e Vázquez tamén abordaron unha folla de ruta con varios plantexamentos de promoción e desenvolvemento da actividade atlética cunha intensa axenda de accións a desenvolver.