A Federación Galega de Atletismo, dentro do desenvolvemento do Plan Estratéxico 2019-2022, ven de conseguir o recoñecemento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas ATLETISMO GALEGO por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a formación de Técnicos Deportivos en Atletismo.
Xa está publicado no DOGA, autorizándose os ensinos nas modalidades de presenciais e non presenciais. A súa ubicación será na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (Oleiros) sendo en palabras do presidente da FGA, Isidoro Hornillos, “Un paso transcendental no presente e futuro do atletismo galego. Foron moitas horas adicadas a esta necesaria actuación, pero cando se traballa con seriedade os froitos sempre chegan”. ¨Neste proceso, quero agradecer ao Reitor da UDC Julio Abalde e aos decanos Xurxo Dopico e Rafael Martín Acero o seu gran apoio” remataba salientando Hornillos
Nos vindeiros días ampliaremos a información.