Un total de 22 atletas galegos e galegas serán os que tomen parte esta fin de semana no Campionato de España de Madia Marathon para categorías máster e absoluto que terá lugar na localidade cántabra de Piélagos de Oruña.
Entre a relación de galegos toma parte o atleta internacional Alex Fernández do Ourense Atletismo quen xa fora Campión de España nos 10 km. ruta e que intentará mellorar o seu 4º posto no nacional de media marathon de Santa Pola no ano 2016.
Xunto a Alex estarán sobre o asfalto cántabro outros ilustres atletas como é o caso do subcampión de España de Marathon Elías Domínguez do Fisioterapia San Lázaro, a olímpica e plusmarquista española Julia Vaquero do Trega, ou a medallista internacional máster Soledad Castro do Comesaña S.C. entre outros.
No que atinxe ao Campionato de España por clubs tomarán parte os equipos galegos do Fisioteria San San Lázaro, a S.D.Compostela e o ADAS Proinor conxunto este último que intentará repetir o excelente campionato do ano pasado onde lograron o título nacional por conxuntos na categoría máster45 contando para elo entre outros nesta edición, ca participación do bronce nacional M45 do ano 2020, Ricardo Vázquez