No día de hoxe o Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos, reuníase no Concello de Negreira co seu alcalde Manuel Leis Míguez a solicitude deste, para abordar diversas solucións á situación que afecta á preparación dos atletas desa importante localidade.
A xuntanza calificada por ambos dirixentes como de ¨tremendamente satisfactoria¨ vai permitir mellorar as condicións nalgunhas especialidades tales como os saltos e os lanzamentos que terán o seu acomodo e acondicionamento no campo de fútbol Jesus García Calvo.
Con todo elo, a aposta da Federación é clara, segundo Isidoro Hornillos ¨Logo deste importante paso, seguiremos traballando para dar viabilidade a un proxecto máis ambicioso e globalista que beneficie ao resto de disciplinas no que, á parte do concello, deben involucrarse outras institucións públicas con competencias en materia deportiva. Os atletas e o Club Atletismo Negreira gañáronse con suor estas necesarias e urxentes actuacións. Agradezo ao alcalde a súa boa predisposición e atencións dispensadas¨