Resultados

Adi logra a súa segunda medalla paralímpica e acrecenta o seu éxito

Novamente e como si dun marabilloso soño se tratara, esta madrugada no sintético olímpico de Tokio Adi Iglesias Forneiro volvía a escribir a máis brillante historia do noso atletismo ao acadar o subcampionato paralímpico na proba dos 400 m. e engadir a terceira medalla apara o atletismo galego nas citas olímpicas e paralímpicas na súa historia.

Logo do grandisimo éxito colleitado polo sei título Paralímpico nos 100 m. de fai uns días, esta madrugada a discípula de Adolfo Vila, volvía a repetir a proeza de situarse na zona de podio ao lograr a segunda posición na final dos 400 m. cun rexistro de 55.53 (mellor marca persoal) cedendo tan só ante a atleta de Azerbayán Lamiya Valiyeba quen marcaba un récord paralímpico con 55.00.

Como sempre Adi saldría moi forte dende a saída da proba o que a fixo encabezar boa parte da mesma ata os últimos oitenta metros onde tivo que ceder ante o empuxe da atleta azerbaina non sen antes pelexar ata o último suspiro.

“Cando rematei a carreira tíven que tombar de todo. O 400 é unha proba moi complicada  xa que se precisa  máis traballo de distancia longa. Este ano vinme nun pouco axustada para traballala, xa que estou  empezando no 400 e o ritmo non o levo moi ben. Nos últimos 80 metros pesábame todo o corpo e intentei  loitar ata o final, creo que o fixen bastante ben e cheguei coa sensación de dalo todo”

A lucense quen tomaba parte na categoría T13 ten serios problemas para poder ver as líneas das rúas polas que competite pola súa discapacidade visual causada polo albinismo dun 90% ( 82% con gafas) pero que non a impiden amosar xa un importante curriculu deportivo: Integrate da Selección Galega, plusmarquista e campioa galega absoluta dos 100 e dos 200 m. Subcampioa Mundial en Dubai no 2019; Campioa Europea de 100 e 400 m. e dende este mesmo ano tamén Campioa Paralímpica de 100 m. e Subcampioa dos 400 m.

Quen dixo límites…?

Compartir: