Resultados en directo  

Ourense acollerá o Trail e Andaina Solidaria ¨Camiñando polo Dano Cerebral¨

Na mañá de onte  tivo lugar a presentación do “I Trail e Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral”.na pista de Atletismo do Campus de Ourense.

Ao acto asistiron, Gabriel Alén Castro Delegado Territorial Xunta de Galicia, Manuel Pérez González Xefe Servizo Provincial Deportes Xunta de Galicia; Bernardino González Vázquez, Asesor de Deportes Deputación de Ourense; Mario Guede Fernández, Concelleiro de Deportes Concello de Ourense; Esther de Blas Varela, Vicerreitora Campus de Ourense – UVigo; Noelia Luque Gómez, Directora de RENACER; Begoña Hermida Val, Directora de FEGADACE; Lalo Arce, Runmaniak Colaborador do evento e Lalo Gómez Rosales en calidade de Director do evento

Trail e andaina Solidaria Camiñando polo dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral coa colaboración de: Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense; Concello de Ourense – Consello Municipal de Deportes;  Concello de O Pereiro de Aguiar;  Deputación de Ourense – INORDE e o patrocinio da Xunta de Galicia – Xacobeo 21•22;  Campus de Ourense – Universidade de Vigo e Runmaniak, organizan o Trail e Andaina Solidaria “Camiñando polo Dano Cerebral”, que se celebrará o domingo, 12 de setembro de 2021 a partir das 09:30 h., con saída e meta na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense.

O Trail e a Andaina desenvolverase por sendeiros e camiños do Concello de Ourense e de O Pereiro de Aguiar, nun atractivo e esixente circuíto deseñado por Rumaniak. O Trail terá unha distancia de 14 Km. e + 500 m. de desnivel positivo e a Andaina contará cunha distancia de 9 Km. e +200 m. de desnivel positivo.

Participantes

No Trail poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos (o día da proba) que o desexen, federadas ou non federadas, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización (Ruta Trail)

Para a modalidade de Andaina poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización (Ruta Andaina)

Inscripcións

As inscricións serán do 21 de xuño ata o 7 setembro de 2021 ás 23:59 h.

https://www.carreirasgalegas.com/carreira/trail-e-andaina-solidaria-cami%C3%B1ando-polo-dano-cerebral/1fffec78-706e-7727-33f5-39fd0425c3a6

O custe da inscrición e de 10€ para o Trail e 5€ para a Andaina. O recaudado en inscricións irá destinado aos fins da Federación Galega de Dano Cerebral.

Se algunha persoa no pode participar na proba pero desexa colaborar, está habilitado o DORSAL 0 na propia páxina de inscricións no que poderá realizar a súa doazón.

Entrega de dorsais e chips

Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba na Pista de Atletismo do Campus de Ourense en horario de 08:00 a 09:00.

 

Compartir: