O centenario da Federación Galega de Atletismo, atenuado de actos pola COVID19, está tendo de mans das nosas atletas a súa mellor maneira de festexar tan solenme data. Como si se tratara dunha confabulación marabillosa, novamente os deuses do olimpo volveron o seu ollar cara as nosas atletas nun ano verdadeiramente máxico e inesquecible.
Ainda cas emocións moi presentes producto da primeira medalla olímpica da nosa historia lograda por Ana Peleteiro fai apenas unhas semanas, e sen apenas tempo para repoñernos, Adi Iglesias seguía escribindo no día de hoxe con letras de ouro o capítulo das xestas e das proezas do noso deporte.
A lucense encadrara na categoría visual T11, acudía con moitas gañas e moita seguridade a esta importante cita. Sabedora das súas posibilidades, da súa excelente preparación e sobre todo da súa motivación, xa marcaba esta madrugada nas series semifinais dos 100 m. un crono de 12.20 nunha carreira que controlaba e onde se clasifacaba para a final de maneira directa.
Xa na final na que tomaba parte xunto algunhas das máis importantes atletas do momento da súa categoría visual, a discípula de Adolfo Vila, arrincaba con moita forza para marcar un crono de 11.96 que lle daban o máis importante título que un deportistas pode soñar: o título paralímpico.
Malia que este supón o logro máis importante da súa carreira, hai que lembrar o importante currículo colleitado ata o momento no que destaca as pratas non mundiais de Dubai no 2019 sobre os 100 m. e 200 m. ou os ouros de 100 m. e 400 m. deste ano nos Campionatos de Europa. Ademais lembramos que é a actual plusmarquista galega tanto de 200 m. como dos 100 m. proba esta última na que sustituiría desa lista precisamente a Ana Peleteiro.
O seguinte reto son os 400 m., nos que tamén tomará parte e da cal podería vir ainda novas alegrías.