Ranking (Pechado a 30/07/2022)

O corazón dividido de Susana Rodríguez

Estamos a unha semana da inauguración dos Xogos Paralímpicos de Tokio-20 e xa practicamente todos os atletas galegos e galegas están a piques de emprender viaxe cara a cidade asiática.

Participar nunha edición olímpica ou paralímpica representa moito máis que cumplir o máis marabilloso soño que un deportista poida ter. Competir nus xogos supón acadar o máis alto rango persoal na que todos e cada un dos esforzos, barreiras, límites e superacións cobran un pleno sentido e significado

Todo elo será o que sinta seguramente a terceira das nosas atletas paralímpicas en Tokio, Susana Rodríguez Gacio.

De Susana se veñen escribindo nas últimas datas innumerables portadas, artigos e entrevistas, logo de ser nada menos que portada da Revista Time recentemente. O certo é que quenes a coñecemos sabemos de que si hai algo que defina a viguesa é precisamente a palabra superación.

Esta doutora de 33 anos especialista en rehabilitación, xa estivo a piques de debutar nos Xogos Paralímpicos de Pekín-2008. Por aquel entón sendo velocista contaba con mínima de participación, malia que un descarte obrigado polo número de prazas dipoñibles fixo que o seu soño tivera que pospoñerse. Ca decepción e o mazazo producido, deixaría de competir durante dous anos empezando a probar sorte ca súa outra gran afección: o triathlon

Desde entón, ven compaxinando a práctica do noso deporte ca desta modalidade que a levaría a lograr tres mundiais e un quinto posto nos Xogos de Rio.

Cun nivel de visión inferior ao 10% Susana seguirá facendo historia ao tomar parte en dous deportes: atletismo (na proba dos 1.500 m.) e o Triathlon…¿quen dixo imposible?

Compartir: