Resultados

Gustavo Nieves encara os seus quintos Xogos Paralímpicos

Pouco a pouco achégase o momento no que, segundo a lenda, o lume roubado aos deuses polo titán Prometeo para ser entregado á humanidade, luza novamente no pebeteiro do Estadio Olímpico de Tokio.

Baixo o seu lume competirán dende o 24 de agosto e ata o 5 de setembro preto de 4.500 deportistas en representación de a lo menos 160 paises e onde o atletismo galego estará representado por Adi Iglesias, Susana Rodríguez e Gustavo Nieves.

Cinco Xogos para Gustavo Nieves

Nado en Lugo fai 39 anos, Gustavo Nieves Campello tomará parte nada menos que nos seus quintos Xogos Paralímpicos o que o convirten no galego con ficha FGA, con máis participacións nunha cita Olímpica e Paralímpica.

Os seus logros máis salientables foron o quinto posto logrado nos Xogos de Sidney-2000 na proba dos 10.000 m. e o seu cuarto lugar nos Xogos de Londres-2012 sobre os 5.000 m. ambas ás portas do podio.

Malia todo elo, Gustavo xa sabe o que é un podio internacional. Así entre algúns dos seus títulos, lograba os bronces no Campionato do Mundo de 2013 en Lyon sobre os 10.000 m. e o de Europa en Swansea un ano máis tarde sobre os 5.000.m

Saido dunha lesión de seonllo da que foi operado no mes de maio, nesta cita olímpica tomará parte na proba de Marathon o última día dos Xogos na categoría T12 ( disfunción visual con capacidade de recoñecer un obxecto en movemento a unha distancia dun metro) para a que se leva preparando dende fai varios anos no Car de Madrid co grupo de adestramento de Adri Ben.

 

Compartir: