Resultados

Adi Iglesias chama ás portas do Olimpo

Co paso do eco atronador protagonizado polo éxito dos nosos e nosas representantes nos pasados Xogos Olímpicos de Tokio, novamente os focos dirixense cara outra  importante cita que terá lugar a finais deste mes, os Xogos Paralímpicos.

A este cita acuden un total de tres atletas con ficha pola FGA os cales estarán tomando parte no Estadio Olimpico nas súas distintas probas a partir do venres día 27 deste mes.

Adi Iglesias será unha das máis importantes e destacadas atletas galegas palímpicas que acudan a Tokio. A lucense, que é a actual campioa e plusmarquista galega absoluta sobre os 100 m. e 200 m. con 11.83 e 24.31 respectivamente, xa sabe o que estar subida no podio nunha competición internacional. Nos paramundiais de Dubai do 2019 lograba uns espectaculares resultados deportivos cas dúas medallas de prata tanto nos 100 como nos 200 m, volvendo este ano ao máis alto nos paraeuropeos de Polonia onde lograba os títulos continentais sobre os 100 m. e os 400 m.  Seria precisamente nesta última distancia, na que estaría ¨obrigada¨ a competir, na que lograba o récord europeo con 55.70

A súa enorme calidade e determinación (conta só cun 20% de visión)  permítelle tomar parte en competicións contra outros atletas sen discapacidade que a levarían tanto a encabezar o ranking galego absoluto como a lograr dúas medallas de bronce no nacional Sub23 de Sevilla do ano pasado. Lonxe de conformismos, a súa intención e ficar no CAR de Madrid ao seu regreso dos Xogos, onde poderá seguir ca súa evolución como atleta e simultanealo cos seus estudos de fisioterapia.

Na actualidade está concentrada nunha das burbullas que o Equipo Paralímpico ten para os seus 227 compoñentes, onde convivirán entre eles aillados do exterior durante 14 días seguindo un control exhaustivo de probas médicas ata a súa partida cara Tokio o vindeiro día 19 de agosto.

 

Compartir: