Novamente o atletismo galego volveu a presenciar unha final olímpica na que se puido disfrutar de todo un auténtico espectáculo de calidade, emocións e talento.
Adrian Ben era quen de acceder a unha final olímpica, como xa o fixera durante os pasados mundiais de Doha, entrando pola porta grande e tuteando aos máis importantes especialistas mundiais da distancia.
Como só un atleta galego curtido en Lugo sabe facer, Adri entraba no sintético do Estadio olímpico cas moitas gañas e non menos motivación sabedor de que estaba sendo protagonista do gran momento que tantas veces imaxinou. Con toda Galicia pegada ao televisor alentando ao seu atleta, a carreira discurriu de maneira táctica cos dous etíopes ao fronte da mesma marcando un ritmo lento que fixo que as opcións foran moi abertas a falta dunha recta “Intentei loitar ao máximo posible con atletas de enorme calidade, lévome un quinto posto que sabe a gloria. Quedo algo desconforme porque me vin a falta de 100 m con progresión e pensado que collía a medalla pero os últimos 50 fixéronseme un pouco costa arriba e as pernas xa ían cansadas pero loiteino ata o final”.
Ningún dubida do talento de Adrian, primeiro atleta español en estar nunha final olímpica da distancia que xa mira á seguinte gran cita olimpica de París 2024 “Tento dar sempre o mellor levo dentro, unhas veces sae ben e outras mal; traballo e adestro todos os días para dar a miña mellor versión e saqueino nestes Xogos”