Sen apenas tempo para recuperar a resaca e as emocións producidas por esa primeira medalla olímpica para o atletismo galego acadada por Ana Peleteiro, toda Galicia preparase novamente para outra importante e histórica cita.
Será en concreto ás 14.05 horas española do mércores 4 de agosto cando sobre o tartán do Estadio Olímpico de Tokio salte Adrián Ben para tomar parte na que será a súa primeira gran final olímpica.
O plusmarquista galego e primer atleta español da historia en acceder a unha final duns Xogos nesta distancia, tomará parte na gran proba sabedor de ter os deberes moi ben feitos ante uns riváis por marcas moi superiores, pero ca ilusión e as gañas que querer seguir escribindo e facendo historia para o atletismo galego.
Malia súa xuventude, para o campión de España absoluto deste ano non lle resulta nada estrano estar entre o máis selecto do atletismo mundial xa que foi precisamente nos Mundiais de Doha do ano 2019 cando entraba pola porta grande na elite mundial, asombrando a todos ca súa calidade e logrando un sensacional sexto posto. Desde ese entón o lucense non fixo máis que medrar e madurar co obxectivo posto en chegar a Xapón nas mellores condicións posibles e facer o que tan ben sabe: correr con intelixencia, gañas e moita calidade.
Mañán suceda o que suceda todos esteramos con Adri disfrutando do seu logro, compartindo o seu soño, vibrando con cada metro deste momento único e… celebrando o seu 23 cumpleanos