Ranking (Pechado a 30/07/2022)

A canteira do atletismo galego estrea internacionalidade

Esta fin de semana tivo lugar na localidade francesa de Franconville un encontro internacional Sub18 ao cal foron convocadas a tomar parte catro das nosas máis talentosas e prometedoras atletas.

No concurso de triplo, a ferrolá Diaou Diallo, quen se impuxo no nacional a outra das nosas máis importantes atletas Alba Cuns, lograba no seu debut internacional o triunfo no concurso logo de efectuar un mellor salto de 13,03 m. e acadar o seu primeiro triunfo ca camisola da selección nacional. Xusto e merecido premio para esta extraordinaria triplista que xunto a Alba Cuns, están apuntando moi forte nunha modalidade emblemática no noso deporte

Nos lanzamentos non menos importantes foron as participacións tanto de Blanca Pareira en martelo como  de Xiana Lago en peso. Ambas lanzadoras que viñan de proclamarse campioas de España nas súas respectivas probas, acudiron a este encontro con moitas gañas e motivación que serviría para que a martelista ourensá lanzara ata os 55.40 m. (7ª MMT) e a lanzadora de peso do Ría Ferrol fixera o propio ca bola de 3 k. con 13.57 m. (6ª MMT).

Por último a especialista e campioa de España en probas combinadas, a lucense Lucía Sánchez del Valle,  na sua tamén estrea internacional,  tomaba parte no concurso de triathlon nos que lograba os rexistros de 14.19 nos 100 valos;  1,55 m. en altura e 29,84 m. na xavelina rematando con moi boas sensaciós.

Sen lugar a dúbidas o atletismo galego está a pasar por un extraordinario momento no que a calidade das e dos atletas senior do momento, súmaselle unha nova xeración de talentosos e talentosas atletas que darán moito que falar nun futuro non moi lonxano.

Compartir: