Si no día de onte eran as nosas campioas quenes debutaban no Estadio Olimpico de Tokio estreándose nuns Xogos, no día de hoxe correspondíalle a honra de facer o propio a un motivadísimo Adrián Ben que tomaba parte nas clasificatorias dos 800 m.
Encadrado na cuarta serie e sabedor do caro que estaba o pase as semis, o lucense non quixo arriscar á clasificación por tempos, logrando unha fantástica terceira posición cun rexistro de 1:45.30 que lle daban o pase ás semifinais por postos. Esta marca representa a novena mellor marca dos participantes e ademáis o mellor rexistro histórico dun atleta español nuns XX.OO
O seguinte reto será repetir nas semifinais o seu pase á final como xa fixera nos mundiais de Doha.
A cita será o vindeiro domingo día 1 de agosto ás 13.25 hora española.